VOLUNTARIADO SENIOR 2020



Fundación Banco Médico Farmacéutico de Galicia leva a cabo o programa "Acompañándote" que consiste na asistencia a persoas maiores que atopen dificultades para acudir aos centros de saúde ou farmacias.


O plan tamén contempla o acompañamento durante a hospitalización e un seguimento e acompañamento telefónico para as personas maiores que viven soas.


Este programa trata de auxiliar a estas persoas, prestando axuda no desprazamento tanto aos centros de saúde como ás farmacias. Os/as voluntarias/os realizan desta forma un traballo de asistencia social, co que garantir o acceso destas persoas maiores ou dependentes aos medicamentos e tratamentos médicos que precisan.



Se eres unha persoa maior de 65 anos e precisas axuda ou coñeces a alguén que o necesite podes poñerte en contacto con nós:


TELÉFONO 627889104

MAIL: información@bancomedicofarmaceuticodegalicia.gal


Este programa conta co apoio das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa Voluntariado Sénior da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Orde do 8 de xaneiro de 2020)