LOITA CONTRA O CANCRO
Una das principais misións da Fundación Banco Médico Farmacéutico de Galicia
é apoiar a investigación no campo da oncoloxía
para poder deseñar novos fñarmacos e tratamentos que permitan curar o cancro ou facer máis levadeira a enfermidade para aquelas persoas que a padecen.
Dende a entidade apostamos pola investigación desta enfermidade dende Galicia, o que permite achegar os novos tratamentos e fármacos aos pacientes que viven na nosa Comunidade Autónoma, para que poidan tratarse sen ter que saír de galicia, o que se traduce nunha mellora da súa calidade de vida.
Dende Fundación Banco Médico Farmacéutico de Galicia
somos conscientes de que a investigación
é a principal ferramenta para combater enfermidades coma o cancro, polo que apostamos ferventemente por este sector que permite traballar na búsqueda dunha cura para esta enfermidadee en tratamentos efectivos que axuden ao ser tratamento.
Actualidade
Fundación Banco Médico Farmacéutico de Galicia doa 10.822,20€ á investigación contra o cancro en Galicia
Fundación Banco Médico Farmacéutico de Galicia destina 11.616€ para o pago de material médico para a investigación contra o cancro en Galicia. Así se acordou nunha reunión celebrada onte entre os membros do Padroado Reitor de Fundación Banco Médico Farmacéutico de Galicia, Paula Chapela Bamio, Miguel Villar Costoyas e Ramiro Varela Cives en Lamela- Silleda- co Xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela e Director de ONCOMET, Rafael López López.